Maker Andrea Menéndez
Artesanía Ilustradora
CARRACUCA é o proxecto onde a ilustradora Andrea Menéndez aglutina deseño,
artesanía, customización e o universo tradicional galego.
A creación de imaxes plásticas é algo innato en Andrea, e dende cativa comeza a
empaparse tamén das músicas e danzas tradicionais na súa vila natal, O Grove.
Durante a súa formación en Belas Artes en Pontevedra estas dúas constantes atopan o xeito de unirse. Aprende a canalizar a plástica, a dotar de significado conceptual as súas obras e a experimentar con outras técnicas máis alá do debuxo e a pintura.
Nese tempo, Andrea entra a formar parte da asociación O Tear de Llerena, onde bebe directamente da fonte da tradición, coñecendo a moitas das informantes que aínda lembran o pasado cercano do noso pobo.