Maker Jenny e Medi

Artesanía Bisutería

Mail ruxedesign@gmail.com

Nai e filla, Medi e Jenny, cuarta e quinta xeración de colareiras (oficio moi característico na nosa vila baseado na creación de bisutería con cunchas recollidas nas praias mecas) autodidactas, apaixonadas pola artesanía, pola delicadeza de crear. Para nós crear é a nosa profesión, crear e aprender a tratar con novos materiais para abrir a inspiración e seguir crecendo.

Os nosos traballos son propios, únicos e artesanais, todos son diferentes. Os produtos son realizados con moito mimo e delicadeza, reciclando e dando unha segunda vida a materiais que a natureza nos propicia, como cunchas, paus ou cristais que atopamos nas praias e outros materiais que carecen de valor comercial como recortes de madeira e coiro.

O noso obradoiro é moi pequeno e artesanal, escapamos de procesos rápidos de producción, moitas das pezas realízanse como se facía antigamente na nosa vila. Tentamos crear pezas versátiles e atemporais, que encaixen en tódalas idades.

"¡Oh tierra, antes y ahora, siempre fecunda y bella!"

Produtos

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad