Maker Gala e Rheza

Artesanía Moda téxtil

Website > Visitar

Mail info@offconnection.com

Somos Gala e Rheza, una parella IndonesioGalega, amantes da natureza e con valores similares. No 2019 comezamos coa nosa marca OFFCONNECTION.

O proxecto nace da necesidade dunha moda máis coherente, onde se coide a relación
humano-natureza. Buscamos un proceso produtivo acorde cos nosos valores: respecto
humano e coidado do medio ambiente. Así que tomamos como liña de traballo o
método Upcycling; creando novos produtos a partir de tecidos abandonados polas
grandes marcas, deseños propios en edicións limitadas.

Estar na natureza e gozar dela forma parte do noso estilo de vida, é a nosa principal
inspiración, por iso cando deseñamos pensamos en produtos que nos permitan gozar
de experiencias outdoor, sen importarnos o tempo que faga, adecuados para unha
vida non sedentaria.

 

Buscamos deseñar coleccións funcionais, únicas, atemporais e orixinais; pensando en
aquel@s que queren algo diferente. Cada deseño é o produto da procura da
combinación perfecta entre utilidade, estética e confort; a miúdo en cada un deles
podemos ver reflectida unha parte de nós mesmos.

Traballar con excedentes de stock supón traballar con límites desde o principio, pois
son teas das que quedan moi poucos metros, ou as últimas pezas de accesorios. O
mergullar entre teas, botóns, cremalleiras… é unha das nosas partes preferidas do
proceso; chegas a atopar pezas impresionantes de gran calidade e orixinalidade, cun
stock moi limitado, o que as fai máis especiais. A elección deste xeito de traballo crea
sempre unha incerteza no resultado do produto, e á súa vez presenta edicións
limitadas e irrepetibles.

Produtos

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad