Maker Laura Meis

Artesanía Deseño Gráfico

Website > Visitar

Mail laurameisdraws@gmail.com

Son unha persoa familiar, curiosa e cunha visión alternativa do mundo. Dende moi pequena estou interesada polo mundo creativo.

Son deseñadora gráfica autónoma, e ademáis, actualmente traballo na miña propia identidade como ilustradora, unha pequena tenda dixital de láminas decorativas e ilustracións personalizadas.

Desde a morriña dunha meca que vivía en Dublín, comecei a ilustrar tanto cousas da miña vila como persoas ou momentos inspiradores. Despois dun tempo, e de volta na vila, decidín abrir unha tenda dixital en etsy. Laura Meis nace como un pequeno recuncho dixital onde vendo láminas decorativas e ilustracións personalizadas que retratan lugares e recordos especiais.

Traballando principalmente en debuxo dixital dende o meu ipad coa ferramenta “Procreate” ou ordenador (Illustrator ou Photoshop). Igualmente, gústame investigar novas técnicas tanto dixitais como artesanais e poñelas en práctica nas miñas creacións.

"O Deseño crea cultura. A cultura moldea valores. Os valores determinan o futuro" Robert L. Peters

Produtos

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad