Maker Leticia Castro

Artesanía Deseño Gráfico

Website > Visitar

Mail awabrand@gmail.com

AWA é unha marca de produtos textís e accesorios de deseño que nace na pequena península do Grove no ano 2016. A idiosincrasia galega é o principal valor da marca, e por iso cada unha das ilustracións creadas de xeito dixital, está inspirada en elementos dos nosos montes, o noso mar e nas acertadas frases que durante décadas lles escoitamos ás nosas avoas, e inclúen mensaxes que son unha mestura de galego e inglés, entendendo o uso deste último, non como unha invasión, senón como un xeito de xerar curiosidade en aqueles que non utilizan o galego acotío e emocionar tamén a todos os migrados polo mundo.

Amantes dos procesos lentos e ben pensados, invirten unha boa cantidade de tempo en escoller as cores e os tecidos. Estampan a man a arte das súas pezas e tamén o packaging, mediante un proceso de serigrafiado artesanal. Apostan por outro modelo de produción, motivo polo cal colaboran sempre con outros artesáns do gremio e con provedores de proximidade.

Decántanse polo uso de algodóns de alta calidade, orgánicos e libres de tratamentos con químicos, os tintes ecolóxicos na estampación e os papeis con certificación FSC para o packaging. Os seus procesos de fabricación son sempre respectuosos co medio.

"A cor é un poder que inflúe directamente na alma" Vasily Kandinsky

Produtos

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad