Maker Rodrigo e Oscar

Artesanía Produtos de madeira e coiro.

Mail caminodoriocdr@gmail.com

Teléfono 667 68 65 60 - 600 27 24 55

Detrás desta marca están Rodrigo Núñez e Oscar Moraña, carpinteiro e delineante, respectivamente.

Camiño do Río Surfboards, xorde no ano 2014 directamente na Praia da Lanzada.

Movidos pola curiosidade, o gusto pola artesanía e o surf, foi o que nos levou a construír táboas de surf de madeira. Para isto, e coa axuda de programas de deseño e de 3D, preparamos os planos das cuadernas, alma de todas as pezas necesarias. Cando temos todo preparado, facemos a montaxe da táboa con diferentes tipos de madeira, como a paulownia, o cedro rojo, samba, balsa e taboleiros de contrachapado. Finalmente, laminamos con fibra de vidro, resina de poliéster ou epoxy, para protexer e impermeabilizar a superficie exterior de madeira.

Co paso do tempo, desenvolvimos unha ampla variedade de produtos, feitos sempre de xeito artesanal, cun carácter moi persoal e co SURF como eixe principal.

Para as nosas creacións, empregamos a MADEIRA como protagonista, como é no caso das táboas de surf, pero tamén utilizamos materiais coma o coiro, teas, resinas tinguidas e madeiras reutilizadas… para crearmos os distintos obxectos que nos propoñemos.

En cada produto buscamos sorprender, coidar os detalles, e personalizar cada obxecto facendo que sexan pezas únicas, exclusivas e feitas a man.

Ademais das táboas de surf, facemos unha ampla variedade de produtos, entre os que destacan:

Quillas, reutilizando recortes de distintas madeiras que atopamos polo
obradoiro e toques de cor con resinas tintadas.

Bolsos, mochilas e carteiras de coiro, de curtido vexetal, con deseños
sinxelos e de estilo minimalista e cosidos con punto de gornicioneiro
ou ensamblados con solapes. Mesmo empregamos teas con motivos
mariñeiros, para o forrado interior das billeteiras máis exclusivas.

Correas de guitarra de tea ou pel.
Trofeos personalizados, e un longo etcétera de produtos exclusivos.

Artesanía, oficio, tradición e traballo, son algunhas das palabras que se poden atribuir a esta aventura, chamada 'Camiño do Río Surfboards'

Produtos

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad