Maker Sara

Artesanía arte e confección

Website > Visitar

Mail sarafontela@gmail.com

Viaxei por Indonesia, onde en pequenas comunidades as mulleres locais me ensinaron a tecer teas de maneira tradicional, nunha estrutura de madeira e de forma manual, ou a coller unha flor de algodón e aprender a fialo. Visitei Tailandia, onde tamén as persoas nativas me ensinaron a tinguir teas coa técnica de batik. A miña terceira parada foi na india, que sentín como a miña casa desde o momento en que aterricei.

Despois de case catro anos viaxando e considerando a idea, decidín comezar esta nova aventura. Aluguei un pequeno obradoiro na cidade de Pushkar (estado de Rajasthan) onde xa vivira varios meses e onde xa tiña amigos indios, de casta baixa, que para manter aos seus catro ou cinco fillos dedicábanse á venda de pulseiras de nocello e tatuaxes de henna no mercado.

Comezando de cero, as mulleres, entusiasmadas co proxecto, están aprendendo todo o proceso de elaboración moi rápido. A idea é crear prendas únicas feitas por e para mulleres, onde a exclusividade non entende de castas nin de razas. Prendas feitas con saris bordados a man, para resaltar a beleza e a forza únicas de cada muller.

"Sueño, luego existo."

Produtos

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad