Maker Laura Triñanes

Artesanía Xoiaría

Website > Visitar

Mail lauratrinanes@gmail.com

Teléfono 639646237

Laura Triñanes nace da necesidade de crear unha marca que sexa 100% eu e unha forma de vida.

Son xoias totalmente artesanais que escapan da frialdade da produción en serie. Cada unha das pezas que saen do meu obradoiro son pezas únicas na sua feitura cun deseño en común. Unha artesanía coidada que se mantén fiel ás técnicas tradicionais feitas en metais preciosos.

Á hora de deseñar tento facer deseños que transmitan algo a quen os leva. A maioría das veces son pezas minimalistas e moi femininas, chegando ás veces tamén a ter un toque naíf. Xoias temporais cunha forte identidade. Podedes atopar dende formas xeométricas a formas orgánicas, todo dentro dun equilibrio. Sobre todo quero transmitir delicadeza, alegría e carisma, e que a xente que leve as niñas pezas se identifique con elas.

A cor ten un papel importante e aparece a través de técnicas clásicas como o esmalte, a mestura de distintos metais, as pedras naturais ou sintéticas ou mesmo a utilización de papel, entre outras. No caso das pedras naturais, tento que estas sexan sempre as protagonistas do deseño.

Á parte das coleccións que podedes atopar na miña páxina web tamén fago deseños  personalizados, como e o caso da colección Braille, na que cada anel ou colgante se personaliza, o que fai que sexa único e exclusivo.

Produtos

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad