Mulleres Creativas naceu co propósito de visibilizar o talento femenino no eido creativo ao longo e ancho da costa galega. O evento, que tivo lugar o 4 de maio de 2019, consigueu crear sinerxias entre as participantes, de moi distintos campos, a través de charlas nas que compartiron as súas experiencias profesionais co público. Interviron creativas tan dispares como Minia Banet, de Studio Variopinto; a escritora Tamara Andrés , a deseñadora gráfica Adriana Álvarez, ou a ceramista Esther Quintas, ademais de algunhas integrantes de Grovemakers.
Ademais, a consultora de SEO, María Sáez imparteu unha charla sobre “Posicionamento web para pequenas marcas” e proxectaronse dous pequenos vídeos onde a agricultora ecolóxica Adelina Padín e a colareira Montse Betanzos falaron sobre as súas respectivas traxectorias.
A xuntanza rematou cunha cata de viños de Anónimas Wine e unha comida networking no restaurante Villarolendis, onde se desenolveu o evento.