Mercado de nadal

O Mercado de Nadal xa é unha tradición entre as actividades de Grovemakers.

Dende os seus comezos en 2017, foi pasando por distintas ubicacións. Deu os seus primeiros pasos no local El Patio e a comezos de 2020, coincindo coa celebración de Reis, instalouse por primeira vez na rúa, da man do Concello do Grove.

Nunca faltan nestes mercados actividades paralelas para os máis cativos, e por suposto, concertos. Tivemos o pracer nestes anos de desfrutar do talento de Adrián Torres, Os Vagos de Lalín e Broken Peach entre outros.

Se queres facer as túas compras este Nadal, é unha cita obrigada.

Mercado de primavera

O  primeiro mercado na rúa organizado pola asociación tivo lugar no 2018, na recén inaugurada zona peonil de Castelao. Coincidindo coa celebración das Letras Galegas, preto dunha ducia de marcas do Grove e arredores déronse cita para deleitar ao público cun mercado de artesanía e deseño, onde tampouco faltou a música. Nesa ocasión quixeron acompañarnos as bandas Peligro Insensato, Los Wavy Gravies e DJ Santomé.

Mulleres creativas

Mulleres Creativas naceu co propósito de visibilizar o talento femenino no eido creativo ao longo e ancho da costa galega. O evento, que tivo lugar o 4 de maio de 2019, consigueu crear sinerxias entre as participantes, de moi distintos campos, a través de charlas nas que compartiron as súas experiencias profesionais co público. Interviron creativas tan dispares como Minia Banet, de Studio Variopinto; a escritora Tamara Andrés , a deseñadora gráfica Adriana Álvarez, ou a ceramista Esther Quintas, ademais de algunhas  integrantes de Grovemakers. 

Ademais, a consultora de SEO, María Sáez imparteu unha charla sobre “Posicionamento web para pequenas marcas” e proxectaronse dous pequenos vídeos onde a agricultora ecolóxica Adelina Padín e a colareira Montse Betanzos falaron sobre as  súas respectivas traxectorias.

A xuntanza rematou cunha cata de viños de Anónimas Wine e unha comida networking no restaurante Villarolendis, onde se desenolveu o evento.

TORREMAKERS

O proxecto #torreMakers nasce na asociación coa firme intencionalidade de espertar conciencias sociais e políticas sobre a Torre dos Mestre (ou Torre de Escuredo) e acadar convertila nun ben patrimonial municipal.

Dende a nosa asociación tomouse a decisión de posicionarnos no lado da cultura, da historia, da tradición, da conservación, da identidade e do patrimonio do noso pobo.

Para acadar dita meta, cremos que o primero paso é a visibilización e a información. Todos os veciños de O Grove coñecemos a Torre, pero… todos sabemos que foi un importante lugar de encontró na súa época? Alí xuntáronse tanto grandes empresarios como persoeiros da cultura e as artes.

A Torre conforma a nosa identidade, como edificio histórico e único BIC do concello, pero tamén como lugar de culto que contivo no seu interior toda a actividade da “burguesía” do Grove.

De este xeito, dende GROVEMAKERS plantexamos unha serie de accións artísticas e de deseño, xa que é o noso eido, para colocar o foco mediático na Torre e conseguir, cando menos, poñela na boca dos veciños e que comecemos a verbalizar que a sentimos como nosa, que é nosa.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad