Maker Sara
Artesanía arte e confección
Website > Visitar
Viaxei por Indonesia, onde en pequenas comunidades as mulleres locais me ensinaron a tecer teas de maneira tradicional, nunha estrutura de madeira e de forma manual, ou a coller unha flor de algodón e aprender a fialo. Visitei Tailandia, onde tamén as persoas nativas me ensinaron a tinguir teas coa técnica de batik. A miña terceira parada foi na india, que sentín como a miña casa desde o momento en que aterricei.