Maker Julia Besada Viñas

Artesanía Arranxos florais

Mail dasfloresmonte@gmail.com

Julia, florista autodidacta, está detrás de Monte das Flores. A marca nace no Grove en 2020 como un taller de arreglos florais con flores secas e preservadas. Son do barrio de Ardia e crecín rodeada de flores, así que elexín este nome porque quería que representase algo cercano a min e que estivese conectado dalgunha forma coa natureza.

A sostenibilidade é un dos principais valores da marca, ademáis da artesanía, xa que as flores que utilizo están tratadas con materiais biodegradables, que lles dan unha durabilidade moito maior que a que teñen as flores naturais e fan delas unha forma moito máis ecolóxica de ter flores na casa.

Os traballos que realizo no meu pequeno taller son personalizables, polo que son únicos e non hai dous iguais ao 100%, e con eles trato de darlle unha visión máis actual ao oficio da floristería.

"Sempre hai flores para quen quera velas" Henri Matisse

Produtos

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de sus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad