Os Grovemakers somos un grupo de artesáns, deseñadores e creadores naturais do Grove ou afincados aquí, que decidimos fundar un colectivo para facer a nosa andaina no mundo comercial e creativo máis sinxela e enriquecedora.
A asociación nace da necesidade de darnos visibilidade a nós mesmos, aos nosos proxectos e á nosa vila dende unha plataforma común.
Aunando esforzos de xeito transversal, compartindo as habilidades e experiencias de cada un no seu eido para facer-mos o camiño mais doado.
Sobre todo dende Grovemakers queremos apostar por unha economía circular, sostible, social e máis xusta.
As nosas marcas asociadas
Socio colaborador
Marcos Otero é un dos socios fundadores de Grovemakers. Comezou a súa andaina na asociación como apicultor, coa súa marca de Mel artesá, As Colmenas do Meco. Co tempo, e por avatares do destino, tuvo que deixar ás súas compañeiras as abellas en tempo morto, e agardamos que non de xeito definitivo.
Hoxe en día volca a súa enerxía, noutra das súas grandes paixóns: a cociña. O seu proxecto gastronómico, A Fuego, xa é unha realidade, en forma de tapería cunha proposta que mistura o tradicional e o contemporáneo, con toques exóticos. Premede na imaxe para que se vos faga a boca auga, e xa de paso botades un ollo á súa carta.